Bases del Concurso
“Súbete ao Corsa da Clásica”
Con motivo da 44ª edición da carreira internacional A Clásica de Negreira, o
patrocinador Opel Antonio Baliñas SL, xunto co Concello de Negreira e a
organización da carreira, poñen en marcha o concurso “Súbete ao Corsa da Clásica”.
1. Obxecto do concurso
Promocionar a carreira e o patrocinio de Opel Antonio Baliñas mediante a participación
cidadá en Instagram.
2. Participación
• Poderán participar persoas maiores de 18 anos con conta en Instagram.
• Para entrar no sorteo deberán:
1. Facerse unha foto co Opel Corsa da Clásica o #Corsarunner (debe aparecer a persoa
–total ou parcialmente– e o coche).
2. Subir a foto ao seu perfill de Instagram (feed ou stories destacadas).
3. Etiquetar obrigatoriamente ás contas: @Opel_Negreira @a_clasica_negreira
@concellodenegreira @we.are.b.
⚠ Non se admitirán fotomontaxes nin imaxes manipuladas.
3. Premios
• Sortearanse un total de 4 dorsais para participar na 44ª edición da Clásica de Negreira, o
domingo 2 de novembro de 2025.
• Entregarase un dorsal por publicación válida (unha mesma conta pode subir varias
fotos, pero só poderá gañar unha vez).
• No caso de que a persoa gañadora xa teña adquirido o dorsal, devolveráselle o importe
da inscrición.
4. Selección de gañadores
• O sorteo realizarase entre todas as participacións recibidas ata o 30 de Outubro de 2025.
• Os nomes das 4 persoas gañadoras publicaranse nas redes sociais de Opel
Antonio Baliñas nos días previos á carreira.
• En caso de non estar previamente inscrito/a, o gañador/a deberá facilitar os seus datos á
organización para tramitar a inscrinción.
5. Condicións adicionais
• O premio é persoal e intransferible.
• A participación no concurso implica a cesión dos dereitos de imaxe da fotografía á
organización, exclusivamente para difusión do evento.
• A organización resérvase o dereito a descalificar calquera participación que non
cumpra as condicións.
6. Aceptación das bases
A participación neste concurso implica a aceptación íntegra destas bases






Valoraciones
No hay valoraciones aún.